O C.D. Choco confirmou a renovación do seu adestrador Gonzalo Fernández “Gonza”, que cumprirá a súa segunda campaña á fronte do club redondelán de Terceira División. O técnico amósase “contento” co balance da pasada temporada e coa renovación. Agora traballa para confeccionar un plantel “o máis copetitivo posible”.
O técnico debutou a pasada en Terceira División cunha meritoria sétima posición, e mesmo chegou ás últimas xornadas de liga con opcións de clasificar ao Choco para a fase de ascenso, pero quedaron ás portas. Coa renovación de “Gonza” e o seu equipo técnico, o club valora o traballo feito. O adestrador amósase “agredecido” pola confianza, e recoñece que era “unha aposta arriscada. Como xa é habitual cada verán, o club terá que afrontar unha importante renovación de xogadores, xa que son moitos os equipos que “pescan” no Choco. “Gonza” tentará pechar un equipo “o máis competitivo posible” e intentar suplir as baixas con xogadores “de garantía”. Entre os futbolistas que deixan o equipo redondelán están Samuel Santos e Xian Rodríguez, que ficharon polo Raio Vallecano B. Por outra banda o club xa renovou a ficha de xogadores importantes como Cortegoso, o seu capitán, Félix Rial, Yerai, Caloi, Jacobo ou Aitor, que seguirán unha tempada máis no conxunto de Santa Mariña, aos que se sumarán tamén xogadores da canteira. O equipo comezará a pretemporada o 15 de xullo.