Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Campamento náutico en Chapela

RR_Noticias

Co obxecto de facilitar a conciliación laboral e familiar pero tamén ofertar aos nenos e nenas da parroquia actividades diversas, o Círculo Cultural de Chapela propón un campamento cun programa cheos de deportes náuticos. Windsurf, vela, kaiak, paddle surf ou banana, son algunhas das propostas que inclúe este programa que arranca o vindeiro luns día 1 de xullo. As inscricións pódense facer no 986 451556 ou na sede do Círculo.

As actividades, orientadas a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos desenvólvense en horario de mañá de 9:00 a 14:00 horas, un horario pensado para que pais e nais poidan conciliar vida laboral e familiar e para que os nenos conten cun espazo no que gozar de actividades lúdicas e deportivas. De feito, pódese contratar a maiores tanto o servizo de comedor como o plan madruga. O Círculo Cultural oferta o servizo durante dous meses podéndose contratar días soltos ou semanas concretas dependendo das necesidades dos asistentes.
Os prezos van dende os 150 euros que custa o mes enteiro, 95 euros unha quincena ou os 60 euros que terán que abonar os que se acheguen ao campamento unha semana. Algo máis económico é o prezo para os socios da entidade, aos que se lle aplicarán diferentes rebaixas nas cotas.
As persoas interesadas poden informarse nos teléfonos 986 451556 ou na páxina do Círculo Recreativo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará