A música segue a protagonizar a axenda cultural no concello de Redondela. Logo dunha fin de semana cheo de concertos co festival Sonoaire, chega este venres a música do grupo Laroá, que se poderá escoitar de balde na praza da Casa da Torre o día 5 de xullo ás 21:30 horas. O domingo 7 subiranse ao mesmo escenario as integrantes do grupo as Abeleiras de Alxán ás dez da noite.
Laroá presenta un espectáculo cargado de música folk-fusión. Un proxecto que segundo explican busca “novas melodías e horizontes musicais, que pretende ofrecer aos ouvintes unha viaxe sonora repleta de mestura. Caracterízase como unha banda de “Wordl Music”, que fai música con sabor, cor, solta e independente de formas e estilos, a nosa raíz e a tradición, e na nosa música, conflúe espazo e tempo, dunha maneira natural, chea de momentos, matices e ambientes”.
A sonoridade do grupo flúe a través do amplo abano tímbrico dos diferentes instrumentos e instumentistas que a conforman, con pintadas de influencias africanas, mediterráneas, latinas, o jazz , a tradición… un proxecto froito das inquedanzas de músicos de diferentes estilos, na procura dunha sonoridade común.
Unha actividades de balde o venres ás 21:30 horas. Xa o domingo, tamén de balde, terá lugar a actuación das Abeleiras de Alxán.