Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

“Mulier Sapiens”de Ruth Rodríguez nova proposta artística no espazo “Mínima Expresión”

RR_Noticias

A pequena galería que se atopa na vitrina expositora no bar DiscoTasca da rúa Pai Crespo de Redondela continúa a nova tempada, desta volta coa instalación “Mulier Sapiens” da artista viguesa, Ruth Rodríguez Gonzalo. A obra xa estará exposta ata finais de agosto.

Nova proposta que ocupa o espazo artístico Minima Expresión polo que xa pasaron 15 instalacións dende que comezou a súa andaina a principios do ano 2015 como espazo aberto para á arte e novas expresións artísticas.
Este curioso e reducido espazo situado na fachada do bar Discotasca na rúa Pai Crespo de Redondela xa albergou dende a súa apertura unha quincena de intervencións. O colectivo Pitrina está detrás desta orixinal proposta que busca espertar o interese de artistas e espectadores. As súas propostas pretenden achegarse a diferentes disciplinas artísticas.
O Colectivo Pitrina do que forman parte Fon Decón, Pablo Giraldez “O Pastor” e Gerardo “Mass” Fuentes, activistas culturais e artistas de Redondela, están detrás desta curiosa iniciativa: un espazo artístico de tamaño reducido “seguramente o máis pequeno do mundo” para achegar a arte ao público en xeral.
Esta pequena galería de arte chámase “Mínima expresión” e ocupa o interior dunha neveira dos anos 70 rehabilitada e instalada na fachada do bar Discotasca.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará