Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP denuncia o abandono da xestión municipal pola falta de acordo na formación de goberno

RR_Noticias

Asegura a popular Carmen Amoedo que as dificultades para acordar o reparto de áreas e concellarías está atrasando o pleno de organización do concello e “o que é máis grave, afectando ao normal funcionamento de servizos importantes para os veciños”. Neste sentido asegura a edil que cuestións tan básicas como a limpeza viaria, a recollida dos contenedores, a limpeza de praias ou a organización dos socorristas están véndose afectas pola faltade acordo para a formación de goberno.

O PP esixe á nova alcaldesa, Digna Rivas que “se centre en desbloquear a formación de goberno e abandone os debates estériles sobre asuntos de escasa importancia” por considerar que esta situación “está afectando ao normal funcionamento de servizos importantes”.
Engaden que é preciso que a socialista “asuma as súas responsabilidades na xestión municipal máis aló dos xestos”  e que dea unha explicación sobre os motivos do atraso na conformación do goberno así como das razóns do secretismo coas que se están a levar as negociacións con AER e BNG, “prometeron transparencia e as súas primeiras decisión están rodeadas de opacidade”.
Asegura Amoedo que queren darlle ao novo goberno a marxe de tempo razoable “que nunca concederon ao PP” pero que non poden calar “ante un estado de abandono que xa está xerando críticas entre os veciños”. Conclúen afirmando que “unha cousa é que Digna Rivas non faga acto de presenza nas celebracións do Corpus e outra moi distinta é que abandone a xestión cotiá do concello. É unha liña vermella que non imos tolerar”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará