Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O extenente Segura presenta o libro “En la Guarida de la Bestia” na Casa da Cultura

RR_Noticias

A Asociación Feminista Paxaretas en colaboración co Colectivo Republicano de Redondela organiza hoxe xoves ás 20:00 horas na Casa da Cultura a presentación do libro “En la Guarida de la Bestia” sobre a violencia ás mulleres no seo do exército. Un acto que contará coa intervención do seu autor, Luis Gonzalo Segura, ex-tenente das Forzas Armadas españolas.

Luís Gonzalo Segura fora expulsado do exército no 2015 por denunciar publicamente corrupción, abusos, acosos e privilexios nas Forzas Armadas. É autor de diferentes publicacións que abordan esa temática como o libro negro do Exército Español (2017), así como as novelas Un paso á fronte (2014) e Código vermello (2015).
En la guarida de la bestia, Segura aborda a situación da muller nas Forzas Armadas e no que se fala de como é a impunidade da violencia sobre a muller no seo do Exército co obxecto de que esa denuncia supoña un punto de encontro e reflexión desde o que impulsar un imprescindible cambio.
Dende o colectivo feminista de Redondela convidan aos veciños a se achegar a unha “actividade ben interesante, a presentación dun libro que aborda as violacións e abusos ás mulleres dentro do exército español, unha realidade completamente invisibilizada, ao igual que a do resto de mulleres que traballan nas forzas e corpos de seguridade do Estado”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará