Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Javier Bas deixa a política e o PP local queda en mans dunha xestora presidida por Ana Alonso

RR_Noticias

O que fora alcalde durante os últimos oito anos, Javier Bas, presentou onte a súa renuncia a presidir o Partido Popular local e renuncia tamén á acta de concelleiro “por motivos laborais”. A nova xestora, presidida pola exconcelleira Ana Alonso será a encargada de reforzar a estrutura de partido. Nesta xestora estarán tamén presentes Carmen Amoedo (vicepresidenta), Susana Cabaleiro (secretaria xeral), Alberto Pazos (portavoz), Mari Carmen Bastos (secretaria de Organización), Arturo González (tesoureiro) e María José Barciela (Coordinación Parroquial).

A decisión de poñer esta xestora en marcha acordouse nunha xunta local do PP celebrada na tarde noite de onte presidida polo presidente provincial, Alfonso Rueda. A xuntanza tiña como obxectivo poñer en marcha o novo órgano encargado de “reforzar a estrutura de partido e seguir traballando para ampliar a súa posición nas parroquias e ser a voz dos veciños, como partido máis votado nas últimas eleccións municipais”, unha vez que Javier Bas anunciase o seu cese como presidente local e como concelleiro e voceiro do grupo municipal por motivos laborais. Ademais da ex concelleira Ana Alonso, que ocupará a presidencia, esta xestora estará formada por María Carmen Amoedo, concelleira e deputada provincial, que será a vicepresidenta; Susana Cabaleiro, secretaria xeral; e Alberto Pazos, deputado autonómico, como voceiro. Mari Carmen Bastos será a secretaria de Organización, Arturo González será o tesoureiro e María José Barciela levará a área de Enlace e Coordinación Parroquial. Alfonso Rueda agradeceu a implicación e o traballo de Javier Bas durante todos estes anos como alcalde e como presidente do partido. “Asumiu un liderazgo incuestionable, defendeu os intereses de Redondela e traballou de xeito comprometido por todos os seus veciños, e os resultados electorais avalaron o seu traballo. O PP ganou as eleccións municipais, Javier Bas foi o candidato que recibiu máis apoios, e iso non hai que esquecelo”. Ademais, agradeceu ás persoas que integran a nova xestora a súa dispoñibilidade e o seu compromiso para seguir reforzando o partido neste concello.  

Javier Bas ex alcalde de Redondela
Explica os motivos que o levan a abnadonar a política
Ana Alonso presidenta da xestora
Fala do seu nomemamento como responsable da nova xestora que dirixirá o PP local
Alfonso Rueda presidente provincial PP
Asistíu a xunta local celebrada en Redondela

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará