Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Iniciativa galega pola Memoria reivindica en San Simón que se poña fin a impunidade franquista

RR_Noticias

A X edición da homenaxe nacional que a IGM celebra en San Simón terá lugar este domingo coa presenza de cincocentas persoas que partirán dende o porto de San Adrián de Cobres en Vilaboa. Unha iniciativa que rende homenaxe ás vítimas do terror franquista e que se ven celebrando dende hai dez anos coincidindo co aniversario do golpe de estado fascista.

Medio milleiro de persoas partirán na mañá do domingo do porto de San Adrián de Cobres (Vilaboa) para participar nun acto reivindicativo que este ano terá como obxectivo esixir á xustiza o fin da impunidade. Os colectivos agrupados na IGM denuncian a permanencia dunha “xustiza ao revés” que ampara os Franco e a herdanza ideolóxica da ditadura mentres xulga a quen, como o investigador Carlos Babío, -que intervirá no acto central do domingo-, pretende por fin a máis de oito décadas de silencio e relato imposto.
Babío está a espera de xuízo tras ser denunciado polos Franco por aseverar nun programa televisivo, -en base á ampla documentación recollida tras anos de investigación no libro Un pazo, un caudillo, no espolio, que escribiu con Manuel Pérez Lourenzo-, que Meirás chegou a mans dos Franco por unha compra venta fraudulenta. Mentres, os Franco seguen a facer apoloxía da ditadura en Meirás e enriquecéndose cos negocios herdados do ditador. 
Tamén tomarán a palabra un representante de CeAqua, que explicará a loita contra a impunidade que se leva a cabo a través da xustiza arxentina, así como unha representante da asociación cultural “O Galo” de Compostela, que fará lectura dun fragmento do histórico documento elaborado no seu día por un preso galego sometido a torturas, con consellos destinados a resistir os interrogatorios da policía franquista. Por último, o investigador Moncho Hermida falará sobre  a necesidade de poñer nome aos verdugos na Galiza posterior ao golpe de Estado do 36.  A IGM quere que o acto deste ano sirva coma homenaxe a Darío Rivas, promotor da querela arxentina finado o pasado mes de abril, que participara no acto nacional de San Simón en 2015.
. A coordinadora dos colectivos memorialísticos galegos asumiu a organización en 2010, logo de que a chegada do PP á Xunta puxera fin ao acto institucional que o anterior goberno celebraba desde a proclamación de 2006 como Ano da Memoria.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará