Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

60 persoas atendidas por picaduras de anémonas na praia de Cesantes

RR_Noticias

Protección Civil atendeu durante dúas xornadas un total de 60 bañistas, a maior parte nenos, logo de entrar en contacto cos tentáculos das anémonas, uns invertebrados de aspecto vexetal que se atopan entre as algas. Dous nenos incluso tiveron que seren trasladados ao Centro de Saúde logo de que os tratamentos que se lle aplicaron no servizo dos socorristas non baixara a inchazón provocada polo contacto co animal.

A anémona do mar pode ser moi urticante. De feito, cando os seus tentáculos entran en contacto coa pel provocan sarpullidos, proído, inchazón e dor. Un malestar que experimentaron os 60 bañistas que tiveron que ser tratados nas xornadas do pasado xoves e venres, días nos que se produciron a maior parte dos casos. Explican dende Protección Civil que non se trata dunha praga nin de ningunha situación anómala, senón que foi consecuencia de que nesas xornadas a marea estivera especialmente baixa e as temperaturas moi altas, o que fixo que moitos bañistas estiveran nas augas e entraran en contacto coas anémonas que se refuxian entre as algas.
Os afectados foron tratados na propia praia cos remedios habituais “aplicámoslles compresas con ácido acético que serve para aliviar o picor e o escozor que provocan as células urticantes que teñen as anémonas nos tentáculos” explica a responsable de Protección Civil Esther Román, “con todo, dous menores foron trasladados ao Centro de Saúde porque non lle baixaba a inchazón”.
Uns feitos que causaron certa alarma entre os usuarios deste areal polo feito de contabilizarse tantas picaduras en tan só dous días pero que non é algo anómalo “hai anos chegamos a ter máis de cen casos en tan só un día” explica Román, “é algo que se repite cando hai mareas vivas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará