Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido un home de 61 anos tras sufrir un atropelo na Rúa Ernestina Otero

RR_Noticias

Os feitos tiveron lugar ao redor das 11:30 horas de hoxe cando un veciño de Redondela, de 61 anos de idade, resultaba ferido leve logo de ser alcanzado por unha furgoneta cando cruzaba o paso de peóns na Rúa Ernestina Otero, nas inmediacións do inicio do paseo da Portela. O suceso provocou importantes retencións de tráfico durante aproximadamente unha hora ata que o ferido foi evacuado nunha ambulancia ao Hospital Alvaro Cunqueiro.

Ata o lugar do suceso trasladáronse efectivos da Policía Local que interviron para tentar regular o tráfico á espera da chegada da ambulancia. Con todo, ata pasadas as doce do mediodía e unha vez que o home foi trasladado a un centro hospitalario a circulación foi lenta no centro da vila.
Todo apunta a un despiste do condutor da furgoneta que investiu ao home cando procedía a cruzar o paso de peóns. Por mor do golpe e a posterior caída resultou ferido leve sendo trasladado ao Cunqueiro para a súa valoración.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará