Música para todos os gustos a que se poderá escoitar esta fin de semana en Redondela con actividades que arrancan esta mesma noite na parroquia de Chapela coa actuación do grupo Airiños do Mar de Teis. Será ás 22:00 horas na Alameda Rosalía de Castro. Fanfarria Taquikardia e Coanhadeira actuarán na Praza da Casa da Torre e Guillermo Castro en Cesantes.
A animada música da Fanfarria Taquikardia porá ritmo á noite do sábado 20 de xullo ás 22:00 horas. Un concerto de balde na praza da Casa da Torre enmarcado na programación cultural do concello, programa que inclúe tamén o espectáculo Bicos con luvas do grupo Coanhadeira, unha actuación prevista para a pasada semana que fora adiada pola chuvia e que, finalmente, está previsto se celebre este domingo 21 ás 22:00 horas.
Pecha o programa a actuación prevista na praia de Cesantes o domingo 21 ás 23:30 horas a cargo do cantautor Guillermo Castro.