Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O local Vilabella sufre dous roubos en menos dun mes

RR_Noticias

O último dos sucesos tiña lugar na madrugada de hoxe. A central de alarmas comunicaba o suceso á policía local que se desprazaba ao lugar e comprobaba que os ladróns romperan unha das fiestras do establecemento situado na zona de Vilavella, na praza de Ponteareas e entraron no local. Dáse a circunstancia de que a finais do mes de xuño fora vítima dun roubo semellante. Unha brigada da policía científica asumiu as investigacións pertinentes co obxecto de tentar identificar e localizar aos atracadores.

Un suceso que se vén engadir a unha longa lista de roubos que teñen sufrido locais de hostalaría e comercios en diferentes puntos do concello xa dende hai meses. De feito, dende algunhas axencias de seguros alertaban meses atras de que nos últimos tempos tiveran máis denuncias por roubos que por accidentes de tráfico, debido aos numerosos asaltos tanto a locais comerciais como a vivendas particulares.
Roubo en Reboreda
Tamén nesta madrugada producíase outro roubo neste caso nunha vivenda na parroquia de Reboreda, aínda que este feito habería que enmarcalo máis nun problema particular que o inquilino do inmoble mantén con outras persoas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará