Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bas Torres/Distrito faixe co Mundialito da Xunqueira

RR_Noticias

Logo de practicamente un mes de partidos que ateigaron de público unha edición máis a Pista da Xunqueira, este sábado xogábanse as finais na que o equipo Bar Torres/Distrito fíxose co campionato logo de imporse de xeito claro ao Equipo do Ferreiro nun partido que rematou co resultado de 4-1. En Cadete a vitoria sería para o equipo Mitráns que gañaba por un axustado 3-2 ao equipo Sergio Vilas. Rodavigo levouse o premio ao equipo menos goleado e Jony Costas fíxose co trofeo ao mellor xogador desta edición.

Deporte e emoción nunha nova edición do Munidialito da Xunqueira con partidos que se disputaron practicamente durante todo o mes con encontros nas categorías cadete e senior.
Despois dun mes de intensos partidos nos que unha veintena equipos buscaban praza na final senior deste clásico torneo, este sábado 27 de Xullo chegou ao seu fin. Ás 20:00h comezou o acto de clausura coa disputa das finais da categoría cadete. En primeiro lugar xogouse a final de consolación Cadete entre os equipos Tecingal e Vallecas FC, resultando gañadores este últimos nun emocionante duelo. A continuación xogouse a final polo título cadete entre os equipos Mitrans e Sergio Vilas, obtendo a vitoria e o campionato cadete o equipo Mitrans que se levaba este duelo con un axustado 3-2.
Unha vez rematados ambos partidos tivo lugar a final senior entre os equipos Bar Torres/Distrito DF e O Equipo do Ferreiro, impoñéndose de forma clara Bar Torres/Distrito DF por un resultado de 4-1.
A continuación comezou a entrega de premios presidida polo Presidente do RedondelaFS., Antonio Bas, a alcaldesa Digna Rivas e o Concelleiro de Deportes Ignacio González e que entregaron tamén os trofeos ao equipo Rodavigo por ser o menos goleado e a Jony Costas, recoñecido coma o mellor xogador do mundialito.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará