Hoxe é Xoves 28 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Catro persoas feridas nun accidente en Chapela

RR_Noticias

O condutor dun dos vehículos implicados no sinistro, que se producía na madrugada do domingo, deu positivo en alcohol polo que será acusado dun delito contra a seguridade vial. O accidente tiña lugar no Camiño do Gaio, a altura do Centro de Atención a persoas con discapacidade de Chapela e no mesmo víronse implicado un Renault Megane e un Toyota que colidiron frontalmente.

Colisión frontal en Chapela a 1:30 horas da madrugada do domingo cando dous turismo colidían frontalmente, deixando catro persoas feridas. Un sinistro no que interviña a policía local que procedía a realizar as probas de alcoholemia aos condutores implicados, dando positivo o condutor do Reanault Megane, un veciño da parroquia de Chapela de 55 anos de idade.   
Este condutor arroxaba unha taxa de alcohol non permitida ao volante polo que se procedeu a instruír dilixencias no xulgado acusado dun presunto delito contra a seguridade vial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará