Unha actividade organizada pola Asociación Deportiva CAR que se celebrará o sábado 10 de Agosto ás 12:00 do mediodía e que conta coa colaboración do Concello de Redondela. Os participantes deberán superar a nado unha distancia de 1500 metros. A proba está aberta a nadadores federados ou non, a partir dos 14 anos. O prazo de inscrición remata o xoves 8 de agosto ou cando se esgoten as prazas existentes, xa que a participación ten un límite de 250 deportistas.
O prezo da inscrición é de 6 euros e inclúe avituallamento, seguro de accidentes, gorro, obsequio conmemorativo, un aperitivo tras finalizar a travesía e premios para os tres primeiros clasificados de cada categoría. Ademais esta proba deportiva, como todas as que organiza a asociación CAR, ten tamén unha vertente solidaria: 1 euros de cada inscrición irá destinado a Da Man, a Organización Galega polo Desenvolvemento. Trátase dunha ONG que naceu en Redondela e que traballa en diferentes proxectos en África.
As inscricións poden facerse presencialmente na Zapateria Deportiva Susuela en horario comercial ou na páxina championchipnorte.com.