Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Jesús Bravo, traballador do Concello, cooperará en Mozambique co programa Vacacións con traballo

RR_Noticias

Técnicos municipais da Coruña, Lousame e Redondela colaborarán con administracións locais e ONGD do Fondo Galego de Cooperación. O voluntariado asesorará en materia de desenvolvemento local, deporte e medio ambiente, á vez que contribúe a sensibilizar fronte as desigualdades. Non caso de Redondela será Jesús Bravo quen colabore durante un mes combatendo unha problemática crecente como é a acumulación de lixo. Entre as súas tarefas estará orientar na planificación dalgunha proposta que presentarlle ao Concello de Boane e formar ao grupo de activistas Khumbuka, que logo se encargan de dinamizar ás comunidades.

Dous técnicos e unha técnica dos concellos de Redondela, Lousame e A Coruña desprazaranse antes de finais de ano a Mozambique e Cabo Verde para colaborar durante un mes cos aparceros do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, entidade da que o tres administracións locais son socias.
En setembro viaxará a Cabo Verde Lola Pardo, técnica de desenvolvemento local do Concello da Coruña que vai asesorar á Cámara Municipal de Santa Cruz na implementación do seu Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico, mesmo formando a axentes locais.
As outros dúas viaxes produciranse en novembro. Será entón cando Néstor Romeu, técnico de deportes en Lousame, colabore coa vila mozambicana de Nhamayábue, intercambiando experiencias co seu homólogo no municipio e participando na organización dun campionato de fútbol do distrito.
Ao país lusófono desprazarase tamén Jesús Bravo, técnico ambiental do Concello de Redondela, para cooperar durante un mes coa Fundação Encuentro combatendo unha problemática crecente como é a acumulación de lixo. O seu labor pasa por “asesorar en materia de reciclaxe dos residuos e concienciación ambiental, sempre cunha perspectiva de solidariedade e compromiso”, apunta. Entre as súas tarefas estará orientar na planificación dalgunha proposta que presentarlle ao Concello de Boane e formar ao grupo de activistas Khumbuka, que logo se encargan de dinamizar ás comunidades.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará