Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Visitas “guiadas e íntimas” a San Simón

RR_Noticias

A guía profesional Soledad Chayán é a encargada de realizar esta actividade que esperta moito interese entre veciños e visitantes e que favorece coñecer a Illa de San Simón dun xeito “íntimo” xa que os grupos son de tan só dez persoas, o cupo máximo do barco que os traslada ida e volta dende o peirao de Cesantes. Durante a hora e media que dura a visita os participantes achéganse aos edificios que alberga este espazo tan particular e van coñecendo a súa historia ao longo dos séculos. O prezo da visita é de 15 euros e as reservas pódense facer n teléfono 667401909.

Explica Chayán que unha das facetas que máis adoita interesar aos visitantes é o período no que foi orfanato a partir de 1948 cando se establece na Illa o Fogar Méndez Núñez “quizais porque esa etapa é menos coñecida” fronte a outras épocas máis escuras como o campo de concentración que comezou a funcionar no ano 1936 e polo que pasaron milleiros de presos republicanos, ou xa en épocas pasadas a súa función como lazareto a mediados do século XIX. Unha das situacións máis emotivas que ten vivido Chayán nestas visitas foi precisamente a dun home que regresaba a Galicia por primeira vez logo de que pasara a súa infancia nese orfanato, de onde marchara sendo un neno. Unhas viaxes que dependen da autorización pertinente da Xunta de Galicia pero que confía en poder repetir todos os días de agosto. De feito, ten xa aberto o prazo para se inscribir nas que se desenvolverán nos primeiros días de mes. O custe é de 15 euros por persoa e a inscrición pódese facer a través do facebook Redondela mellor con guía ou directamente no teléfono 667401909.    

Soledad Chayán guía turística
Un percorrido acompañado das explicacións dunha guía profesional
Todo o ano
O obxectivo é manter a actividade de xeito continuado durante todo o ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará