Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As festas de Reboreda arrancan o domingo cunha romaría para toda a familia

RR_Noticias

A parroquia celebra as súas festas patronais con actividades desde o día 11 ao 16 de agosto. O domingo vivirán unha xornada grande coa “Romaría do Maior” e o “Día da Rapazada” cun xantar popular, xogos e actuacións musicais.

Desde a comisión de festas, Javier Sotelo explica que o obxectivo é recuperar “as romarías de antes”, e que familiares e amigos poidan reunirse nun día de “convivencia” no que haberá diversión tanto para nenos como para mozos e adultos. Ás 10.00 horas sairá o pasarras a cargo da charanga Vai de Baile, dando paso á misa cantada pola Coral de Reboreda. Ás 14.00 horas celebrarase unha gran comida popular onde se poderá degustar paella mixta de marisco e carne, orella cocida e polbo a prezos populares. A comida estará amenizada polas artistas galegas Marietta e o dúo Salero. Pola tarde, a partir das 18.00 horas, os máis pequenos gozarán dunha gran Festa Infantil con tirachinas, inchables, parque de bólas, etc. A Rondalla de Redondela e o grupo folk Airiños da Peneda actuarán a partir das 22.00 horas, e a medianoite gran tirada de fogos artificiais. O mércores, xoves e venres da próxima semana continuarán as festas, con actos relixiosos, pasarrúas e verbenas.

Javier Sotelo presidente da Comisión de Festas
O obxectivo é recuperar "as romarías de antes" e que familiares e amigos poidan reunirse nun día de "convivencia".
Artistas locais
As festas de Reboreda contarán con moitos artistas locais.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará