Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior reforma o pavillón municipal da Montesiña con parqué de faia nova iluminación

RR_Noticias

O Concello pon en marcha a renovación integral do interior do pavillón, coa adxudicación dos traballos da instalación dunha nova pista de parqué, destinada a mellorar as condicións dos equipos locais de baloncesto e patinaxe artística, o cambio do sistema de iluminación e a renovación da fontanaría.

A nova pista de parqué, de tipo aerolástico con acabado de madeira de faia, terá unha superficie total de 1.060 metros cadrados e cumprirá con todas as normativas europeas para pavimentos deportivos de interior. Ademais, contará coa certificación FIBA que acredita o nivel de competición 1. Tamén se acometerá a reforma de todo o sistema de fontanaría para a súa actualización e substituirase por completo o sistema de iluminación da pista por un novo de focos led. “Con esta reforma concluímos a actualización interior do pavillón municipal”, destacou o alcalde, Agustín Reguera, que engadiu que “despois das pistas de pádel e a renovación da cuberta faltaba isto para dispor dun pavillón á altura dos nosos deportistas e esperamos ao ano próximo para renovar e mellorar todo o que é o exterior da instalación”. Os traballos de mellora no pavillón municipal volvéronse a convocar recentemente xa que a anterior adxudicataria, á hora de fornecer o material, non cumpría os parámetros definidos na adxudicación segundo informes dos técnicos municipais, polo que se lle cancelou a adxudicación e realizouse un novo concurso público. As obras iniciaranse a finais de agosto para que todo estea preparado para a nova tempada deportiva.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará