Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Airiños da Peneda, Najla Shami, Tr3sPorC4tro e Isabel Risco son as propostas da fin de semana

RR_Noticias

Redondela acolle desde hoxe venres e ata o domingo diferentes actuacións dentro da programación cultural do Concello. A música tradicional galega mistúrase coa proposta multicultural de Shami e o humor da actriz Isabel Risco, que estará en Chapela.

Esta noite, ás 22.00 horas, na Praza da Casa da Torre poderemos asistir ao concerto do grupo redondelán Airiños da Peneda, unha formación que naceu no Viso hai máis de dez anos. Ofrecen música tradicional de cordas, percusión, ventos e voces, na que recuperan temas galegos para disfrutar deles, bailar e abrirlles novos e futuros camiños.
O sábado, día 17, no mesmo lugar e á mesma hora, chega unha das propostas estelares do verán, o concerto de Najla Shami. A artista galega, con raíces palestinas e arxentinas, presenta o seu último traballo “Ela sabe a sol”. A compositora nada en Compostela, medrou entre Galicia e Kuwait. A súas música mistura estilos con aires de jazz e bases doutros lugares, como África, Brasil ou Portugal, para abrazar tamén a cultura galega.
O domingo 18, dobre cita. Na praza da Casa da Torre actúa ás 22.00 o grupo de música tradicional Tr3sPorC4tro. Á mesma hora, na Alameda Rosalía de Castro de Chapela, mológo da actriz e humorista Isabel Risco.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará