Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Póker de Adrián Rodríguez para o Choco

RR_Noticias

Vitoria do C.D. Choco no último partido de pretemporada ante o Limianos, da Terceira portuguesa. No encontro, disputado onte en Santa Mariña, destacou Adrián Rodríguez, autor dos catro goles do equipo local. A próxima cita será xa de competición oficial, o domingo comezan a liga en Redondela ante o Fabril.

No partido disputado onte os pupilos de Gonzalo Fernández saíron a dominar desde o primeiro mimuto, mentres o conxunto portugués se limitaba a facer un xogo destructivo. O canteirán celeste, Adrián Rodríguez, anotou o primeiro gol do encontro ao rematar un centro raso de Yerai. Pouco despois chegou o segundo, logo de gañarlle as costas á defensa. Os portugueses recortaron distancias co 2-1, e a piques de ir ao descanso Adrián asianba o terceiro. Na segunda parte o ritmo de xogo baixou, pero o o goleador do Choco aínda acertou unha cuarta diana, a máis espectacular do partido, cunha chilena que chegaba tras un córner. O Limianos pechou o marcador de penalti no tramo final co 4-2 definitivo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará