Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Pazos de Borbén estrearán o renovado Centro de Saúde en setembro

RR_Noticias

O Sergas inviste preto de 150.000 euros na ampliación do centro, que incrementará nun 70% a súa superficie útil. A reforma, que rematará en setembro, ten por obxecto dotar ao edificio sanitario dos espazos necesarios para prestar unha asistencia de calidade.

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitou onte o centro de saúde de Pazos de Borbén, para comprobar o estado das obras de ampliación que se están executando no mesmo. No transcurso da súa visita, o conselleiro expresou a súa satisfacción con esta reforma, que rematará no próximo mes de setembro e dixo que “esta obra dotará aos veciños e veciñas de Pazos de Borbén dun centro sanitario debidamente acondicionado para prestar unha atención de calidade e adaptada ás necesidades da poboación”. O conselleiro estivo acompañado polo alcalde, Andrés Iglesias, e polo xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña. Almuiña destacou tamén o esforzo realizado polo seu departamento para minimizar o impacto asistencial destas obras na poboación. Así, decidiuse emprazar un Punto de Atención Móbil ao carón do centro sanitario, para que, durante o período que duren as obras, os usuarios non tiveran que desprazarse a recibir asistencia sanitaria a outra localidade. Este dispositivo sanitario, composto por dúas unidades móbiles, dispón de todo o equipamento necesario para prestar asistencia.
O Sergas realiza un investimento total de 148.650 euros na reforma e ampliación do centro de saúde de Pazos de Borbén, incrementando un 70% a súa superficie útil, pasando de 112 metros cadrados a preto de 190. O obxecto desta reforma é dotar ao centro dos espazos necesarios para o seu correcto funcionamento tendo en conta as súas necesidade reais, tales como unha sala polivalente, unha nova sala de espera para pacientes pediátricos, a adaptación dos espazos e consultas existentes á normativa vixente de accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas. Unha vez concluídos os traballos previstos, o edificio contará con consulta de medicina xeral, sala de enfermería, sala polivalente, consulta de pediatría-matrona, sala de espera pediátrica, almacén, vestiario e aseos, así como unha rampa accesible dende o exterior ata a zona de entrada da edificación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará