Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Bo comezo en Santa Mariña

RR_Noticias

O Choco asinou un empate na estrea ligueira. Foi ante un dos favoritos, o Fabril, nun partido sen goles pero con fútbol de calidade. Os de “Gonza” deixaron boas sensacións no comezo da temporada en Terceira División.

Terceira División
Choco 0-0 Fabril
O equipo de Redondela xogou a un excelente nivel ante un rival que moitos ven como favorito para o título de liga. O filial do Deportivo da Coruña e o Choco demostraron que son equipos que xogan a ter o balón, con xogo combinativo, pero o balón estivo pouco tempo preto das portarías. Non houbo goles, e tampoco se deron moitas ocasións claras. Non hoibo cambios tampouco na segunda metade do encontro, cun Fabril incómodo e un Choco con máis protagonismo coa entrada de Comis. Unha das ocasións máis claras tivoa Félix cun remate moi arriba. O marcador non se moveu, reparto de puntos en Santa Mariña que visto o xogo despregado no campo os dous equipos poderían dar por bo.
Na próxima xornada o Choco volve medirse a un rival de altura, o Rápido de Bouzas, que lidera a táboa logo de impoñerse na primeira xornada ao Pontellas
Choco: Cortegoso; Mario, Yago, Aitor Cañedo, Jacobo Lazcano; Yeray, Caloi (Diego Abal, min. 92), Sergio Santos, Monchito (Tomás Abelleira, min. 74); Félix (Comis, min. 70) e Adrián Rodríguez.
Fabril: Álex Cobo; Valín, Mujaid, Iago Parga, Martí Vilà; Javi Sánchez, Kanouté, Gandoy (Losada, min. 70), Villares; Jawed (Pedro, min. 59) e David Sánchez (Aarón, min. 83).

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará