Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes acolle o inicio da rodaxe de “María Solinha”

RR_Noticias

O director Ignacio Vilar e o seu equipo técnico e artístico xa están a rodar en Redondela a súa última película. Medio cento de profesionais transformarán estes días as rúas e prazas en platós cinematográficos.

A gravación comezou hoxe luns en Cesantes, no bar Tranquilo. A xornada continuará mañá martes na lonxa, e continuará esta semana no Cemiterio dos Eidos, en San Simón e na praia da Punta, para rematar o venres, día 30 de agosto, na casa do pintor Ángel Barros e no casco vello de Redondela. O Concello de Redondela, que é unha das entidades colaboradoras nesta gravación, apunta a importancia que teñen estes días para a vila. “Poder levar á gran pantalla as paisaxes da enseada ou o baile das espadas é unha oportunidade para a promoción da nosa cultura e turismo”, apunta Digna Rivas, alcaldesa de Redondela. Pola súa parte, o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa, chama á participación e colaboración cidadá pois “Redondela será un dos espazos protagonistas da película de Ignacio Vilar, na cal a lenda da coca é un dos fíos condutores do guión”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará