Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pavillón Manuel González Soto remodelarase cunha achega de 40.000 euros da Xunta

RR_Noticias

As actuacións centraranse na nova distribución da zona ximnasio, acondicionamento de espazos, instalación de falso teito e pintado. O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, visitou onte Redondela para asinar coa alcaldesa, Digna Rivas, o convenio de colaboración entre as dúas administracións.

O importe total das actuacións a realizar ao abeiro do convenio ascende á cantidade de 39.964,57 euros, achegados pola Xunta de Galicia na súa integridade nesta anualidade de 2019. Tanto Lete Lasa como a alcaldesa sinalaron a importancia dun pavillón como o de Chapela, que no pasado mes de novembro tomou o nome de Manuel González Soto, ex presidente do Balonmán Chapela, tristemente falecido en xaneiro do presente ano. O secretario xeral repasou as obras varias que se realizarán no pavillón ao longo deste 2019, e que se ocuparán da nova distribución zona ximnasio, acondicionamento de espazos, instalación de falso teito e pintado.
A Secretaría Xeral para o Deporte incrementou a partida para infraestruturas. Nos orzamentos iniciais de 2018 destinábanse un total de 2.833.043 euros para a construción e a mellora das infraestruturas deportivas de Galicia. Para o exercicio 2019 destinará un 40% máis, cun total de 3.934.217 euros. En total, na provincia de Pontevedra realizaranse obras en 22 concellos que alcanzarán os 1,35 millóns de euros e nas que participará a Secretaría Xeral para o Deporte a través dunha achega de ao redor de medio millón de euros.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará