Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos de Borbén busca alumnos para poñer en marcha o Plan Madruga no CPI Curros Enríquez

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén tentar poñer en marcha o programa de conciliación familiar “Plan Madruga” no colexio Curros Enríquez. Este servizo permite deixar aos nenos no colexio unha hora antes de que comecen as aulas, o que favorece compatibilizar o horario escolar coas obrigas laborais das familias. Para iso precisan que se sumen cinco alumnos máis ao plan, e cubrir así o número mínimo de solicitantes.

“Necesitamos a cinco alumnos máis para alcanzar o grupo mínimo e poder acceder ao servizo”, explica o alcalde de Pazos de Borbén, Andrés Iglesias. O rexedor explica que, tras ampliar dúas veces o prazo de inscrición desde que rematou o curso pasado, tentan facilitar ao máximo o acceso a este Plan Madruga, xa que saben que para moitas familias “sería unha medida de gran axuda”. O programa desenvólvese no propio centro escolar e está dispoñible desde unha hora antes do comezo das aulas. Durante este tempo, baixo coidado de monitores especializados, os alumnos gozan de xogos cooperativos, manualidades e actividades de lecer. As familias interesadas en acollerse a este plan poden anotarse nas oficinas municipais.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará