Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os deportados esquecidos de Redondela

RR_Noticias

O Boletín Oficial do Estado publicou este mes a lista de españois mortos nos campos de concentración nazi de Mauthausen e Guse. O anuncio, no que se inclúen varios veciños de Redondela, permite inscribir ás vítimas no Rexistro Civil oito décadas despois. Formarán parte destacada dunha exposición fotográfica que prepara o Colectivo Republicano de Redondela.

Esta listaxe oficial é un primeiro paso dos moitos que quedan por recupera a memoria histórica. Desde o Colectivo Republicano de Redondela lamentan que se teñan agardadado tantas décadas “para que España cumpra as recomendacións da ONU”. Pedro Viéitez, membro do colectivo, asegura que é algo que se fai “con vistas a que o ano que vén as Nacións Unidas retome o caso de España para saber que fixo pola Memoria Histórica, xa que ata do de agora non se fixo nada”. Os datos oficiais falan agora de 4.427 deportados, dos que 108 eran galegos, pero o Parlamento de Galicia eleva esta cifra aos 193. entotal houbo en campos de concentración nazis máis de 9.300 españois, a maioría en Mathausen, e preto de 5.000 foron asasinados. No caso dos represaliados redondeláns hai poucos datos. Trátase de Olimpio Míguez Pazos, nado en Redondela en 1090 e falecido no campo de Mauthausen en 1943; Xosé González Vázquez, de Quintela, nado en 1914 e falecido en Gusen en 1942; Antonio Piñeiro Otero, que naceu en Chapela en 1912 e que morreu no campo do Gusen en 1942; e Alejandro Lafuente Pose, que naceu en 1909 e foi o único dos redondeláns liberado en 1945 polas tropas aliadas en Mauthausen. Viéitez denuncia que as administracións “que teñen os medios” para sacar á luz á verdade “non fagan nada” e que teñan que ser asociacións e colectivos os que estean investigando e axudando ás familias das vítimas a buscar información. Lamentan que logo de catro décadas de democracia, aínda non se teña feito “unha reparación” ás vítimas da ditadura franquista, entre elas os deportados que acabaron nos campos de concentración nazi “co apoio do réxime de Franco”. Denuncia que “tantos anos despois do golpe de Estado que supuxo a Guerra Civil, as vítimas do bando fascista teñen monumentos e as demócratas están nas cunetas “. Na comparativa con outras democracias europeas, España sae mal parada, xa que aquí non se fixo esa reparación “cousa que si aconteceu en Alemaña ou Italia, onde tamén houbo réximes fascistas” As olvidadas dos olvidados Entre os represaliados hai tamén mulleres, unhas 200 segundo a información que manexa o Colectivo Republicano de Redondela, que fala delas como “as olvidadas dos olvidados”. A meirande parte delas eran de rexións do norte de España (Cataluña, Aragón ou Euskadi), e entre elas había unha galega que faleceu en Vigo hai pouco. Mercedes Núñez foi unha das sobreviventes á barbarie de Hitler. Exposición do fotógrafo de Mauthausen A partires do 15 de septembro o colectivo Republicano de Redondela abrirá ao público a exposición “Francisco Boix, o fotógrafo de Mauthausen” con documentais, charlas e visitas guiadas para os colexios. O obxectivo, que esta parte da historia non se borre da memoria.

Pedro Viéitez do Colectivo Republicano de Redondela
Esta listaxe oficial é un primeiro paso dos moitos que quedan por recupera a memoria histórica.
Deportados de Redondela
No caso dos represaliados redondeláns hai poucos datos e precísase da colaboración das administracións para obter información.
Recuperar a memoria histórica
España aínda non fixo unha reparación ás vítimas da ditadura franquista.
Mulleres represaliadas
Entre os represaliados españois hai unhas 200 mulleres que son "as olvidadas dos olvidados". Unha delas faleceu en Vigo recentemente.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará