O próximo sábado, 7 de setembro, celébrase a segunda Romaría Cultural Sinha Paca en Santa Mariña. Pero para abrir boca, hoxe venres comezan coas súas novenas promocionais. Durante sete días ofrecen concertos por diferentes prazas da vila coa colaboración da hostalaría da zona.
As novenas comezarán hoxe venres, as 21.00 horas cun concerto de Iván Gulín na Praza de Santiago Apóstol. Mañá sábado será a quenda de Su Garrido, na Praza José Figueroa. O domingo a cita será en “sesión vermú” ás 13.00 horas con Young Lemos and the Waiters no local Vilabella, . De luns a venres seguirán as novenas con Os gafanhotos Aviados, na rúa Casto San Pedro, Rumb&Roll na rúa Salqueiral, Chá, Cerveça e Violao na rúa Pai Crespo, Los fabulosos Zebulones en Meixón Frío, e o venres sesión dobre: ás 13.00 Los Walter Mathaus nos soportais do Concello, e ás 21.00 horas Sofía Espiñeira-3 Zapatos na rúa Prata. A intención da agrupación cultural é poder ampliar a oferta musical nos vindeiros anos ampliar ás diferentes parroquias de Redondela. Toda a programación organízase de xeito altruísta pola plataforma de activistas culturais e artistas de Redondela Sinha PACA e coa colaboración de Colectivo ArteLixo, Asemblea feminista Paxaretas, Colectivo Republicano de Redondela, Asociación Millo Verde, Concello de Redondela e diferentes locais da hostalería de Redondela.