Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian o “desmantelamento” do consultorio médico de Soutomaior

RR_Noticias

O consultorio de Soutomaior quedou sen ningún médico, o que obriga aos veciños a trasladarse ao Centro de Saúde de Arcade, que tamén durante días quedou sen facultativos ao non cubrir o Sergas as baixas. O BNG de Soutomaior anuncia unha mobilización cidadaá se a situación non se resolve “de inmediato”.

Os veciños de Soutomaior quedaron sen médico no seu consultorio. Esta situación produciuse despois de que o Sergas pechase a atención neste consultorio ao desprazar ao médico ao Centro de Saúde de Arcade, servizo que tamén sen médicos durante días ao non cubrirse as baixas dos facultativos. O BNG denuncia que con esta situación a veciñanza de Soutomaior “queda privada do dereito a ser atendida no seu lugar de residencia”, ao ter que desprazarse a Arcade para seren atendidos. Unha situación “sen precedentes”, segundo advirte o voceiro nacionalista Manu Lourenzo, quen engade que “ou reaccionamos ou podemos estar ante o primeiro paso para o desmantelamento do consultorio de Soutomaior”. Lourenzo critica os recortes do goberno da Xunta na sanidade pública e a actitude do alcalde, Agustín Reguera, ao que acusa de “calar” ante o Goberno do PP, “no canto de defender aos seus veciños”. O portavoz do BNG advertiu se non hai unha solución “inmediata” no servizo de Atención Primaria en Soutomaior, organizarán unha mobilización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará