Arranca setembro e botan de novo a andar as propostas formativas do Grupo Folclórico Anaquiños de Chapela con clases de baile tradicional, que comprende tres seccións: escola de baile para idades de 4 a 13 anos, grupo senior de 14 a 40 anos e grupo de veteranas (maiores de 40 anos). Vainicas, para todas as idades e curso de gaita, percusión e pandereitas, todos eles nas modalidades de iniciación e perfeccionamento.
Estas actividades desenvólvense no Multiusos de Chapela e no colexio Igrexa, os mércores e venres. Todos os participantes destas actividades, intégranse logo no grupo folclórico mediante a participación en actuacións por toda a comarca, Galicia, España e Portugal.
As persoas interesadas poden informarse no Multiusos de Chapela ou nos teléfonos 651 376 515 ou 682 695 736.
Por outra banda, a asociación está xa a organizar unha nova edición do seu Festival folclórico que se celebrará o sábado 14 de setembro ás 19:30h no Multiúsos de Chapela. Nesta ocasión contará coas actuación dos grupos El Cibrero da localidade vallisoletana de Nava del Rey, o grupo etnográfico EP de Río Tinto de Porto e o grupo anfitrión Anaquiños.