Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos na Biblioteca de Arcade para arrancar o curso escolar

RR_Noticias

Migallas teatro e Soledad Felloza serán os encargados das dúas actividades que organiza a Biblioteca de Arcade nesta mesma semana. Hoxe martes ás 17:30 horas a proposta leva por nome “Elas pintan moito”, unha sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras e nos elementos que as inspiraron. Xeografía do imaxinario é a proposta que nos achega Soledad Felloza o xoves 12 tamén ás cinco e media da tarde.

A través das artistas Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, Migallas teatro achega aos nenos e nenas a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística. A actividade será hoxe martes ás 17:30 horas. Durante a sesión, aos cativos alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubrirán facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba.
Tamén se anima a desenvolver as capacidades creativas das nenas e nenos sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.
O xoves a proposta chegará con “Xeografía do imaxinario: contos e lendas da mitoloxía galega”, a cargo de Soledad Felloza, unha narración de mitos e lendas galegas na que non faltará os trasnos e as mouras.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará