Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo colexio Igrexa abre as súas portas garantindo a seguridade dos escolares

RR_Noticias

A Consellería de Educación, o Concello de Redondela e Audasa asinaron hoxe a recepción do novo colexio que, tal e como estaba previsto, abrirá as súas portas este mércores. Con pequenos arranxos aínda pendentes e cos accesos sen finalizar, tanto dende a Xunta como dende o Concello garanten que o inicio do curso desenvolverase con “total seguridade e normalidade”. Unhas instalacións que supoñen “un cambio substancial para mellor” respecto do antigo centro afectado pola AP-9 e que serán rematadas fóra do horario lectivo.

A contrarreloxo e con pequenos arranxos aínda pendentes, este 11 de setembro os nenos e nenas do colexio de infantil e primaria estrearán as novas instalacións do colexio Igrexa na Finca da Ginaria. Unha infraestrutura que mellora notablemente a existente no antigo centro ao carón da autoestrada, malia que quedan aínda algunhas obras de menor envergadura que se irán rematando nos vindeiros días fóra do horario lectivo. O xefe territorial de ensino, César Pérez Ares, a alcaldesa Digna Rivas e o representante de Audasa, César Canal, asinaron na mañá de hoxe a transferencia do centro educativo e a súa posta a disposición da Consellería de Educación para que este mesmo mércores o alumnado deste colexio poida iniciar o curso nas novas dependencias. Unhas instalacións “enormemente aceptables” en palabras de Pérez Ares quen insistiu en que está completamente garantida a seguridade tanto do alumnado como do profesorado o que permitirá que mañá os rapaces e rapazas regresen as aulas con total normalidade. “Un día de ledicia e responsabilidade” para a alcaldesa, Digna Rivas quen insistiu tamén en que ata o último minuto se estivo traballando para que este 11 de setembro todo o alumnado poida comezar as clases sen incidencias. A directora do colexio, Pâtricia Román, destacou a mellora que suporá para Chapela a posta en marcha desta nova infraestrutura educativa “un cambio substancial cunhas instalacións que máis aló de arranxos puntuais dan resposta as nosas reivindicacións”. O custe do centro ascendeu a 2,7 millóns aos que hai que engadir un millón de euros na adquisición da parcela coñecida como Finca da Ginaria de 34.000 metros cadrados onde se construíu o colexio. Unha obra contemplada no marco das actuacións de reposición e mellora pola ampliación da AP-9. Quedan pendentes de finalizar os accesos malia que se garante o transporte escolar que se realizará empregando dous microbuses e un autobús. O novo colexio conta cunha biblioteca, sala de informática, sala de usos múltiples e un ximnasio, así como cociña e comedor así como espazos administrativos e de almacén. Ofrece ademais unhas espectaculares vistas sobre a ría e un patio exterior con pista deportiva.  

Cesar Pérez Ares Xefe Territorial ensino
Un centro que mellorará a calidade educativa
Seguridade
Unha garantía sen a cal o colexio non abriría as súas portas
Digna Rivas alcaldesa
Satisfacción e responsabilidade
Accesos pendentes
Dous microbuses e un autobús realizarán o transporte escolar
Patricia Román Directora
Cambio substancial
César Canal Audasa
Agradecementos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará