Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ANPA do colexio Angorén arranca o curso con espírito reivindicativo

RR_Noticias

Unha “concentración de mochilas” foi o acto simbólico co que se inaugurou hoxe o curso no colexio Alexandre Bóveda de Chapela. Unha iniciativa da Asociación de Pais e Nais que busca reivindicar a necesidade de instalar un semáforo e un paso de peóns na N-552 á altura deste centro educativo para que o alumnado conte cun camiño seguro para chegar ao seu cole. Esta protesta contou tamén coa presenza de veciños dos barrios de Angorén e Riofrío que se concentraron tras un cartel co lema “non queremos máis mortes, semáforo xa” e súmase á protesta que o pasado luns tiña lugar na mesma estrada protagonizada por medio cento de veciños.

A iniciativa da ANPA consistiu en colocar mochilas, libretas , estuches e material escolar na estrada N-552 nas inmediacións o acceso ao colexio Angorén para simbolizar a protesta da comunidade educativa por non contar cun acceso seguro a este centro. Lembran dende a Asociación que é unha “demanda histórica” e que xa no anterior mandato trasladáronlle ao entón alcalde, Javier Bas, a necesidade de acometer medidas de seguridade vial como a colocación do semáforo e o paso de peón. “Naquel momento díxosenos que todo estaba feito e que tan só faltaba o permiso de Fomento, pero a día de hoxe todo sigue igual” explica dende a Anpa, Miriam Riveiro. Por ese motivo cando se puxeron en contacto con eles a Plataforma de veciños que o pasado luns convocaba unha protesta nesta estrada decidiron tamén sumarse ás mobilizacións “os vehículos circulan a gran velocidade por este vial e non é a primeira vez que se producen atropelos ou accidentes mortais, por iso entendemos que é necesario dunha vez que se acometa esta mellora”. Reclaman tamén que se atendan outras demandas do centro que pasan por mellorar a limpeza no perímetro do colexio ou pintar o paso de peóns xa existente noutro dos accesos colexio.  

Miriam Riveiro Anpa Alexandre Bóveda
Un centro con varias reivindicación sendo a máis importante a mellora da seguridade vial

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará