A Concellería de deportes ten aberto o prazo para se inscribir nas diferentes modalidades deportivas que se imparten dende a institución municipal: baloncesto, patinaxe, natación, baile moderno, ximnasia rítmica e acrobática, clases de tenis e padel ou iniciación ao deporte, son algunhas das posibilidades que ofrece este departamento e que arrancará o 7 de outubro. A inscrición está aberta ata o 27 deste mes.
Fomentar o deporte en calquera idade é o obxectivo deste programa de Escolas deportivas que oferta alternativas para todos como a natación, tenis infantil, tenis e pádel de adulto, patinaxe, actividade física para adultos, baile moderno e outras propostas nas que poden participar todos aqueles que se inscriban antes do venres 27 de setembro. Para os interesados en participar e que estean empadroados en Soutomaior, o custe da inscrición é máis económico e terá preferencia sobre o resto de solicitantes. Todos os participantes disporán de seguro médico. As cotas serán mensuais e o pago farase de xeito bimestral.