Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intentan roubar unha letra de pedra dunha rotonda en Chapela

RR_Noticias

Sorprendente intento de roubo en Chapela o que tería acontecido esta fin de semana. Así o publican a través das redes sociais os responsables dos obradoiros de emprego, quen denuncian que nas últimas horas algún delincuente tería intentado levarse unha das pedras ornamentais que adornan a rotonda que se atopa na N-552 na entrada a AP-9.

A coñecida rotonda que ten como elemento máis salientable un berete elaborado en pedra foi vítima nas últimas xornadas dun intento de roubo. Algún individuo tentou levarse unha das letras que conforman a palabra Chapela e que completan a decoración ornamental esta rotonda.
Finalmente, a persoa ou persoas que tentaron levar esa “L” desistiron ao non ser quen de arrancala xa que segundo explican dende o obradoiro de emprego “non puideron levar porque están ancladas a unhas baleas moi longas e inclinadas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará