Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Familiares de deportados galegos inauguran hoxe no Multiúsos unha exposición sobre Mauthausen

RR_Noticias

A Asociación para a Recuperación de memoria Histórica en colaboración co colectivo republicano de Redondela organizan esta exposición baixo o título “Boix, fotógrafo de Mauthausen” que se poderá ver no Multiúsos ata o vindeiro 29 de setembro. Co gallo da mostra, que se inaugura hoxe luns ás 20:00 horas, levaranse a cabo coloquios e actividades para difundir a historia dos galegos internados en campos nazis.

Hoxe luns 16 de setembro inaugúrase en Redondela a exposición “Boix, o fotógrafo de Mauthausen”, un acto que en días seguintes irá acompañado de diferentes actividades para dar a coñecer a historia dos preto de 200 republicanos galegos que foron internados nos campos nazis, dos que 113 deixaron a vida entre os aramados. Á inauguración, que será ás 20 horas no Multiusos da Xunqueira, asistirán un grupo de familiares de deportados procedentes de distintos puntos da xeografía galega. A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) en colaboración co Colectivo Republicano de Redondela promove a exposición, así como unha serie de actos que a acompañarán: unha conferencia de María Torres: “A investigación sobre os deportados aos campos de concentración nazis”, o sábado 21 de setembro ás 20 h. Ademais, o venres 27, ás 20 horas, proxectarase o documental “Mauthausen, regreso ao campo da morte” e posteriormente celebrarase un coloquio con Eladio Fernández Manso, estudoso dos deportados. A ARMH pretende facer un chamamento a familiares de deportados da zona, para que se acheguen e entren en contacto, co fin de recompilar información sobre as vidas dos deportados, antes do seu internamento nos campos nazis, así como despois, no caso dos sobreviventes. Co fin de dar a coñecer esa parte da historia, está prevista a organización de visitas guiadas para centros escolares e charlas explicativas. Deportados de Redondela Entre as preto de 200 persoas que foron deportadas en Galicia sábese que aló menos 4 eran galegas. Trátase de José María González Vázquez, natural de Quintela deportado a Mauthausen o 27 de xaneiro de 1941 e quen perecería na enfermaría de Gusen o 18 de xaneiro de 1942. Alejandro Lafuente Pouse, natural de Redondela, deportado a Mauthausen o 19 de decembro de 1941 e liberado en maio de 1945. En 1950 parte para Arxentina no SS Protea (a través da Organización Mundial de Refuxiados). Posiblemente repatriado a España durante o franquismo. Olimpio Míguez Pazos, natural de Redondela, deportado a Mauthausen o 13 de decembro de 1940 e que falecería na enfermaría do campo tres anos despois, e finalmente Antonio Piñeiro Otero, natural de Chapela deportado a Mauthasen o 13 de decembro de 1940, falecendo en Gusen o 20 de outubro de 1941.  

Markos Lareira Colectivo Republicano
Imaxes tomadas no interior do camp de exterminio
Familiares de deportados
Participarán na inauguración de hoxe

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará