Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG defende a mobilización social para paralizar definitivamente a apertura dunha casa de apostas

RR_Noticias

A inminente apertura dunha Casa de Apostas na rúa Ernestina Otero, moi próxima á zona escolar da Marisma, está a provocar a alarma entre os veciños. Tamén dende o BNG amosan o seu rexeitamento ante a posta en marcha deste tipo de salas de xogo polas “nocivas consecuencias que pode provocar este tipo de actividade sobre todo entre a mocidade”. Por este motivo convocan a colectivos e asociacións a unha xuntanza hoxe martes ás 20:00 horas no seu local na Praza da Constitución. Insisten na necesidade da mobilización social para frear este proxecto porque “a paralización provisional” anunciada dende o Concello non é suficiente.

Consideran dende o Bloque que, malia que estes negocios poidan obter todo tipo de permisos, é oportuno rexeitar a súa apertura polo aumento dos problemas de adicción detectados a raíz da proliferación destas casas de apostas. Entenden que a presión veciñal vai ser fundamental de cara a paralizar definitivamente este proxecto, motivo polo que realizan esta convocatoria de cara a estudar os pasos a dar xunto con colectivos e asociacións.Confían que na reunión desta tarde se cree unha plataforma veciñal que serva para presionar neste sentido dende o movemento asociativo. Lembran que a día de hoxe a paralización anunciada dende o concello é tan só provisional xa que, unha vez a empresa presente toda a documentación que lle esixe a legalidade vixente, contaría coa licenza de instalación e poderían continuar coas obras de cara a abrir ese salón recreativo e de xogo na Avenida Ernestina Otero. Unha ubicación, na proximidade da zona escolar e deportiva da marisma, que preocupa especialmente aos nacionalistas “porque busca atraer a xuventude a unha práctica que pode acabar en ludopatía”.  

Xoán Carlos González BNG
Convocan a xuntanza para adoptar medidas que eviten a posta en marcha da casa de apostas
Negocios nocivos
Especialmente preocupados pola súa ubicación na proximidade dos colexio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará