O centro do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) acollerá un encontro no que se darán a coñecer as medidas de seguridade necesarias para unha práctica segura neste ámbito. Diferentes expertos abordarán as normas técnicas aplicables e a utilización de equipos de protección individual, entre outros aspectos.
A xornada técnica desenvolverase a partir das 9:45 horas e estará centrada na prevención de riscos laborais no eido do mergullo profesional. Así, contando coa participación de diferentes expertos na materia, daranse a coñecer as medidas de seguridade necesarias para unha práctica segura neste ámbito, ademais de abordar as diferentes normativas técnicas aplicables e a utilización de equipos de protección individual, entre outros aspectos.
O encontro impulsado polo organismo dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria está dirixido a profesionais do mergullo, técnicos de seguridade e saúde no traballo, servizos de prevención, e médicos de medicina do traballo e a prevención, así como profesores e instrutores de mergullo, empresarios, traballadores de sindicatos e delegados de prevención.
Esta actividade enmárcanse na aposta da Xunta pola promoción dunha cultura baseada na seguridade e na saúde de traballo, na que seguirá avanzando, complementando a actividade de control con campañas e xornadas informativas dentro da súa Estratrexia de seguridade e saúde no traballo.