Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Retirados 130 niños de velutina en tres meses

RR_Noticias

Soutomaior pecha o verán coa retirada de máis de 130 niños desta especie invasora principalmente de árbores e postes, pero tamén de casas e zonas especialmente sensibles como centros educativos. Dende o Concello repartiron tamén entre as veciños trampas domésticas e cebo líquido.

Os traballos de retirada dos niños realizáronse por diversos medios, dependendo da localización do niño e da dificultade para o seu acceso. Os máis comúns retiráronse con medios propios do Concello e grazas ao grupo de apicultores voluntarios que colabora co consistorio na campaña contra a velutina e un propietario dunha tenda agrícola de Arcade. Para retirar os niños que se atopaban fóra do alcance das pértegas e medios tradicionais, contratáronse os servizos dunha empresa especializada. Ademais da retirada, desde a concellería de medio ambiente deuse aviso de varios niños situados en propiedades e postes de empresas privadas sobre as que recae a responsabilidade do mantemento.
Como apoio á retirada dos niños o consistorio estableceu dúas iniciativas de trampeo. A primeira consistiu na repartición de trampas entre os veciños que o solicitaron e botellas de cebo líquido para encher as mesmas. A segunda ten como obxectivo garantir a seguridade dos veciños nas contornas públicas e comprende a instalación de trampas en zonas especialmente sensibles como xardíns, parques infantís, zonas de praia e a contorna de edificios públicos e centros educativos.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, explicou que os traballos de vixilancia continuarán durante as próximas semanas. De feito entenden que “coa chegada do outono e a caída das follas das árbores localizaranse máis niños, polo que se estará pendentes dos novos avisos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará