Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Andaina demanda o apoio da administración local ás persoas con diversidade funcional

RR_Noticias

A Asociación Andaina fixo público un comunicado no que lamenta a falta de implicación do goberno local, baixo o mando de Javier Bas pero tamén coa actual alcaldesa Digna Rivas, ao proxecto de atención ás persoas con diversidade funcional no que levan traballando dende hai máis dun ano. Aseguran sentirse abandonados logo de que “presentado este proxecto á nova concellería de benestar social o pasado 18 de xullo, a día de hoxe aínda non obtiveramos resposta”.
 

Explican dende Andaina que “dende hai algo máis dun ano, a Asociación traballa na elaboración dun proxecto integral de atención as Persoas con Diversidade Funcional na comarca de Redondela que busca dar servizo ás persoas con diversidade funcional e as súas familias, nas diferentes etapas da súa vida”. Un proxecto dividido en diferentes liñas de actuación que persegue a atención temperá, próxima e de calidade, ofrecer uns servizos específicos as familias, desenrolar programas de desenvolvemento xuvenil orientados a súa inclusión social, cultural e laboral, dotar a Redondela dun centro ocupacional que permita a cada persoa orientar o seu futuro con programas de formación e saídas profesionais, adaptadas ás súas capacidades, así como dunha casa tutelada ou residencia.
Engaden que doce meses atrás presentaron esta proposta ao goberno que naquel momento presidía Javier Bas “sen obter os resultados desexados, pero dando os primeiros pasos para botar a andar este proxecto”.
Confiaban en que o cambio de goberno supuxera un avance neste eido pero que logo de tres meses séntense abandonados “presentamos o noso proxecto a concelleira de benestar social o 18 de Xullo, e a día de hoxe, aínda non obtivemos resposta a ningunha das máis de 20 necesidades que expoñiamos no proxecto”. Tamén critican que “solicitada unha reunión coa alcaldesa dende hai un mes aínda non atopou un oco na súa apertada axenda”.
Este proxecto conclúe “será inviable si non se conta co apoio de distintos sectores, en especial da administración local. As asociacións estamos a facer un traballo que lle correspondería as administracións, pero seguiremos facéndoo porque sabemos das necesidades das familias.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará