Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela di “non” ás casas de apostas

RR_Noticias

Uns 200 veciños e veciñas manifestáronse na tarde de onte ante o local da rúa Ernestina Otero que está a ser acondicionado para albergar unha casa de apostas. Unha mobilización na que se alertou do lugar elixido para a instalación deste negocio “que non é casual, a menos de 200 metros dos centros educativos da Marisma e que busca captar aos máis vulnerables, a xuventude”. Anuncian novas concentracións todos os luns ás 18:00 horas, unha campaña de recollida de sinaturas así como iniciativas no ámbito político e  estudar posibles medidas legais orientadas a evitar a apertura.

Unha mobilización convocada pola Coordinadora contra a Casa de apostas e que ten un obxectivo claro: evitar a apertura deste negocio que cualificaron como a “heroína do século XXI” polo riscos que conleva, principalmente entre a xuventude. Neste sentido, a presenza de pais e nais foi moi numerosa na concentración, así como a representación das ANPAs, que manifestaron a unanimidade existente nos tres institutos da vila, o IES Mendiño, San Simón e Pedro Floriani, á hora de amosar a súa negativa a que este negocio abra as súas portas. Entenden que non é admisible que se permita a súa ubicación nun perímetro de menos de 200 metros da zona escolar da Marisma e a tan só 150 metros do Conservatorio Victor Ureña. De feito, lembran que a nova lei “actualmente paralizada pola Xunta, establece unha distancia moito maior respecto dos colexios, pero a empresa que se quere ubicar en Redondela logrou a licenza antes do mes de abril o que lles permite legalizar o negocio malia a proximidade aos centros educativos”. “Un problema de saúde mental” explica Angeles Millán, unha nai moi sensibilizada con este tema porque é consciente dos problemas de ludopatía que provocan. Neste sentido non entende quen defende que se abran casas de apostas alegando que o xogo tamén está presente nos bares ou que os móbiles permiten o xogo online “é preciso que tentemos deter uns negocios que están a proliferar por todas partes e que non elixen Redondela de xeito casual, son conscientes de que aquí hai mercado, e só serven para incrementar un problema que xa existe”. Insisten en que en ningún caso van paralizar as protestas “o obxectivo é que non abran pero a presión vai ser permanente incluso se chegan a abrir” aseguran.  

Unanimidade nas Anpas
Os centros educativos da Marisma amosan o sue malestar polo lugar elixido para ubicar a casa de apostas
Distancia dos colexio
A nova lei actualmente paralizada non permitiría esta instalación aseguran dende as Anpas
Problema de saúde mental
Así o entende Angeles Millán unha nai moi involubrada na loita
A heroína do século XXI
Unha comparación que facían os convocantes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará