O primeiro destes roteiros permitirá aos participantes coñecer o patrimonio cultural que agocha a parroquia de Rande e será o vindeiro domingo 29 ás 10:00 horas con saída dende o aparcamento do Meirande. Unha vez máis as visitas contarán coas explicacións do arqueólogo da empresa A Citania, Xurxo Constela.
O percorrido previsto para este domingo sairá dende o aparcamento do Museo Meirande en dirección ao cargadeiro Coto Wagner, patrimonio industrial en perigo de desaparecer, para continuar cara os restos do Castelo de Rande, baixo a ponte. A actividade é de balde e para participar o único requisito é presentarse ás dez da mañá no lugar indicado.
As seguintes visitas serán nocturnas e si que necesitarán preinscrición, para que o grupo sexa reducido e poder gozar cos petróglifos. Concretamente celebraranse nas noites do 26 de outubro e 23 de novembro con visita aos petróglifos de Monte Penide/Mirallo.