Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior converterá en tanatorio o actual velorio do Salgueirón para evitar atrasos nos enterros

RR_Noticias

O pleno municipal de Soutomaior aprobou a conversión do velorio municipal de Salgueirón en tanatorio. A mellora permitirá aforrar tempo en diversos trámites e evitar posibles atrasos nos enterros. A conversión non suporá custo algún para as arcas municipais xa que os 30.000 euros necesarios para a adaptación serán asumidos pola empresa concesionaria.

A conversión implicará a creación dun novo espazo no velorio necesario para acoller as estancias nas que realizarán os traballos de tanatopraxia esixidos por lei nos servizos funerarios. Do mesmo xeito, será necesario instalar un sistema completo de frío industrial que permitirá dar cabida aos falecidos até o enterro.
Así, coa conversión do tanatorio xa non será necesario o traslado dos falecidos a outra localidade para cumprir cos trámites necesarios, co que, segundo indicou o tenente de alcalde Ramón Fernández “poderase realizar aquí todo o proceso, acurtando os prazos e evitando molestias innecesarias aos familiares no peor momento”.
Do mesmo xeito, ademais de aprobar a conversión a tanatorio, a corporación municipal de Soutomaior tamén aprobou o regulamento de funcionamento do novo tanatorio, actualizando así os termos do novo servizo municipal e da concesión que se fará cargo dos custos derivados da conversión.
Festivos locais e representación municipal na área metropolitana
Unha sesión plenaria na que se acordaron tamén os festivos locais para o próximo ano, que serán vén sendo habitual o primeiro luns de Pascua e o 6 de agosto, día da festividade patronal de San Salvador.
Do mesmo xeito, o pleno municipal aprobou designar aos dous representantes municipais de Soutomaior na área metropolitana. Os edís seleccionados, mantendo a representatividade do pleno, son Fernando Crespo e Alejandro Pazos, pertencentes aos dous grupos políticos con representación, o Partido Popular e o Bloque Nacionalista Galego respectivamente.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará