Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carapaus, música folk para recibir o outono

RR_Noticias

A música tradicional está moi presente na programación cultural que nos deixa a Concellería de Cultura de cara aos vindeiros meses. A primeira das propostas será co grupo Carapaus este mesmo sábado ás 20:30 no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde. Seguiranlles as actuacións de Cantares do Brión (9 novembro) Arxe (10 novembro), Tanto Nos tén (16 novembro) Xulio Lorenzo (4 xaneiro) e Talabarte (18 xaneiro).

Carapaus é un grupo de música forl formado en Santiago de Compostela e integrado por cinco compoñentes: Emilio Lois, gaiteiro da Baña; Oli Xiráldez (frautas), artesán e músico de longa traxectoria, natural de Redondela e membro de Chouteira así como colaborador de proxectos como Malvela; Gustavo Couto (voz e tamboril), mestro de baile tradicional y coautor del libro Bailabén; Sabela Galbán (voz e acordeón), estudante de frauta traveseira e Adrián Lareo (bombo e voz), gaiteiro.
Baixo o manifesto “Somos ghaiteiros, somos revolusionarios”, Carapaus pon toda a súa enerxía en amosar a música tradicional galega e así o farán este sábado no escenario do Multiúsos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará