Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos, charlas e actividades interxeracionais no Día das Persoas Maiores

RR_Noticias

Redondela celebra diversas actividades co gallo da celebración este martes día 1, do Día das Persoas Maiores. Así, a Alameda Castelao será escenario durante a mañá dunha xornada interxeracional, mentres que o auditorio do Multiúsos da Xunqueira acollerá unha charla dirixida especialmente á terceira idade.

As actividades arrancarán ás ás 11 horas a Alameda, lugar no que se desenvolverán diversas iniciativas que buscan unha interconexión entre os maiores e a poboación máis nova. Esta xornada inclúe un contacontos realizado pola Asociación AFAGA e titulado “A Viaxe de Carlota”, lectura de textos por parte do alumnado dos centros escolares redondelás e, finalmente, unha actuación musical a cargo de “Os Monifates”.
Xa polo serán, ás 20 horas, as actividades desta xornada trasládanse ao auditorio do Multiúsos da Xunqueira conde terá lugar unha charla sobre Trastornos depresivos e ansiedade que correrá a cargo do doutor Raúl Vázquez-Noguerol Méndez, será presentada polo presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez.
O Día Internacional das Persoas de Idade nace, lembra a alcaldesa Digna Rivas, “para ser unha chamada de atención sobre o cambio demográfico que está a sufrir a poboación mundial e a necesidade de creas novas políticas e programas que beneficien aos nosos maiores”.
Nesa liña, a recen creada Concellería da Terceira Idade que xestiona a propia Digna Rivas, busca que “a veciñanza de Redondela e das súas parroquias, mantéñase activa” non so como beneficio para eles mesmos, sinala a alcaldesa, senón “para ser o motor dun cambio positivo dentro do propio Concello, ben como asesores, emprendedores ou como mestres para as novas xeracións, xa que teñen unha ampla bagaxe e unha enorme experiencia práctica que compartir”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará