Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Digna Rivas: “Imos loitar pola rehabilitación do cargadoiro de mineral de Rande”

RR_Noticias

Asegura a alcaldesa de Redondela que a decisión da Autoridade Portuaria de demoler o cargadoiro Coto Wagner debe ser reconsiderada xa que “no propio informe elaborado a instancia deste organismo se recolle a posibilidade de estudar a rehabilitación e conservación da estrutura”. Neste sentido insiste Rivas que “non son catro ferros, é un patrimonio industrial e un referente na ría e no noso concello” polo que dende a administración local vanse “utilizar todos os medios ao seu alcance para evitar que se atente contra o patrimonio do municipio”.

O Concello de Redondela amosou a firme intención de “utilizar todos os recursos legais de que dispoña o Consistorio para evitar que por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, se prive aos veciños e veciñas de Redondela dun símbolo do patrimonio industrial do municipio como é o antigo cargadoiro de mineral de Coto Wagner, en Rande”. Neste sentido a alcaldesa insiste na idea de que “non son catro ferros, é un patrimonio industrial e un referente na nosa ría e no noso concello polo que é preciso estudar todas as alternativas”. A decisión de demoler o cargadoiro chega logo de que así se aprobase no Consello da Autoridade Portuaria avalado por un estudo feito por unha empresa de arquitectos contratados pola propia entidade. Un estudo que segundo denuncia Rivas “carece de documentación fundamental, como é a súa valoración patrimonial e sen que en ningún dos informes se faga referencia a que é un ben incluído dentro do catálogo patrimonial da Xunta” Rivas non nega o ostensible deterioro do cargadoiro de Coto Wagner, un deterioro do que é responsable a Autoridade Portuaria de Vigo “por non ter acometido as actuacións necesarias para o seu mantemento” e insiste en que a solución pasa “pola súa rehabilitación e conservación, nunca polo seu derrubo e destrución”. Remata Rivas amosando a firme intención do Concello “de utilizar todos os medios ao seu alcance para evitar que se atente contra o patrimonio industrial do municipio”. Lembra que no Consello do pasado venres Redondela non tivo “voz nin voto” ao ser convocado o seu predecesor no cargo, Javier Bas, en lugar da alcaldesa actual o que supuxo que os redondeláns non puidesen manifestar o seu rexeitamento a intención da Autoridade Portuaria de demoler o cargadoiro Coto Wagner.  

Digna Rivas alcaldesa
O obxectivo do concello é traballar para a súa rehabilitación
Falta de mantemento da Autoridade Portuaria
Responsabiliza a este organismo do actual estado do cargadoiro Coto Wagner

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará