Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Pazos estuda sancionar a Urbaser por deficiencias na recollida do servizo

RR_Noticias

Malia que dende o grupo Alternativa Veciñal por Pazos instan ao goberno local a adquirir un camión de recollida e recuperar a xestión directa do servizo, que fora privatizado no ano 2007 cando pasou a mans da empresa Urbaser, dende o goberno local valoran sacar novamente  o servizo a concurso público. Alega o alcalde, Andrés Iglesias que remunicipalizar o servizo é inasumible polo elevado custe que suporía en maquinaria e persoal.

Colectores ateigados e lixo ciscado ao seu redor son o día a día en moitos lugares deste concello segundo denuncian dende a Agrupación de Electores Alternativa Veciñal. Unhas deficiencias das que é consciente tamén o propio goberno quen estuda “aplicar sancións á empresa encargada da recollida de lixo e sacar novamente o servizo a concurso público co obxectivo de “recuperar a calidade do servizo que perdemos estes meses” asegura o alcalde Andrés iglesias.
Entre outras deficiencias aseguran que o servizo triplicou os tempos de recollida chegando a deixar algúns puntos desatendidos durante case unha semana.
Desde a empresa concesionaria xustificaron as deficiencias e atrasos do servizo con varios motivos relativos ao persoal. O rexedor local asegura “entender que durante o verán poida haber problemas de persoal polas vacacións, que os condutores novos non coñezan as rutas ou se produzan avarías, pero chegou o momento de tomar unha decisión ante unha situación que non se pode consentir.
Así están a elaborar un expediente sancionador á concesionaria e estudan a posibilidade de volver sacar a concurso público o servizo para que novas empresas poidan presentar as súas propostas”
Sobre a posibilidade de remunizipalizar o servizo, tal e como demandan dende Alternativa Veciñal, asegura o alcalde que “non é posible, xa que o custe tanto en maquinaria como en persoal é inasumible”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará