Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Vulcano que “peregrinan” a Santiago fan un alto en Redondela

RR_Noticias

O persoal do estaleiro vigués mantivo un encontro con membros do Goberno local para solicitar o seu apoio ante a “situación desesperada” na que se atopan. Teñen previsto chegar este venres a capital galega coa finalidade de denunciar os “incumprimentos da Xunta co persoal da empresa e para esixir unha reunión co conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. Tamén dende o BNG quixeron amosar o seu apoio a estes traballadores.

Os traballadores do estaleiro vigués de Vulcano que onte saían de Vigo para percorrer, en catro etapas o Camiño de Santiago ata a capital Galega, facían onte noite en Redondela, logo de manter ao mediodía unha xuntanza co equipo de Goberno redondelán encabezado pola súa alcaldesa Digna Rivas.
Os traballadores explicaron ao executivo local redondelán a súa intención de “conseguir manter unha xuntanza co conselleiro de Industria e que esta faga fronte aos compromisos adquiridos co estaleiro”. Entre os compromisos estaba o de atopar inversores para que a empresa puidera seguir en funcionamento no caso de chegar á situación de liquidación na que agora está o estaleiro vigués.
Digna Rivas trasladoulle a súa solidariedade e o compromiso do seu Goberno “a apoiar aquelas medidas que sirvan manter e reforzar o tecido industrial da comarca e, neste caso concreto, a dar solución ás numerosas familias que dependen do funcionamento deste emblemático estaleiro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará