Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A policía local activa a campaña de seguridade sobre o uso do cinto e as cadeiras infantís

RR_Noticias

Durante esta semana, axentes da Policía Local de Redondela realizarán controis aleatorios a diferentes horas do día e da noite en colaboración coa Dirección Xeral de tráfico na campaña de control tanto do uso do cinto de seguridade como das cadeiras e sistemas de retención infantil.

A evidencia demostra que o uso do cinto de seguridade e os Sistemas Retención Infantil (SRI) son os que máis vidas salvan na estrada, malia o cal o seu uso segue estando por baixo do desexable, que debería ser do 100%.
O uso do cinto de seguridade e do SRI é obrigatorio para todos os ocupantes do vehículo e en todo tipo de vías, a correcta utilización destes dispositivos reduce á metade o risco de morte en caso de accidente, motivo polo que se pon en marcha esta nova campaña para influír naqueles condutores que aínda non fan uso destes dispositivos de seguridade.
O traslado de menores nun vehículo é responsabilidade do adulto, segundo o actual Regulamento Xeral de Circulación, os menores de idade de estatura igual ou inferior a 135 cm deberán viaxar co sistema de retención infantil adecuado á súa talla e peso e ir sentados nos asentos traseiros.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará