Hoxe é Mércores 27 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día das Persoas de Idade cunha xornada interxeracional

RR_Noticias

Preto de 200 persoas entre maiores e mozos, tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias nesta actividade organizada pola recen creada Concellería da Terceira Idade. O programa de actos tivo que ser trasladado ao pavillón municipal, xa que o mal tempo impediu realizar as actividades na Alameda, tal e como estaba previsto.

As inestables condicións meteorolóxicas obrigaron a que a actividade, que nun principio estaba programada para desenvolverse na Alameda Castelao, fora trasladada ao Pavillón Municipal de Deportes. Alí, mozos e maiores tiveron a oportunidade de asistir ao contacontos A viaxe de Carlota, organizado pola Asociación Afaga para, deseguido, o alumnado de 6º de primaria do CEIP Laredo dar lectura a uns poemas. A xornada remataba cunha actuación musical a cargo de Os Monifates.
Dende a concellería, que preside directamente a alcadesa, Digna Rivas definían o acto como “un moi interesante intercambio de experiencias” e, nese sentido, anuncia a rexedora que se realizarán novas propostas que buscan aproveitar todo o que os maiores teñen por ofrecer e ensinar ao tempo que favorecer a súa participación activa na construción de Redondela”.
Digna Rivas adiantou que, nos vindeiros meses “haberá novidades importantes que irán nesa dirección, a de aproveitar o coñecemento dos nosos maiores como parte imprescindible do desenvolvemento do municipio”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará